El Gordo do sorteo extraordinario da Lotería de Nadal volveu a repartir alegría na provincia de Pontevedra. Fíxoo, de novo, dunha maneira bastante repartida.
O primeiro premio deste sorteo, que supón 400.000 euros por décimo, recaeu no número 88008. Foi o último premio en saír, pouco despois de únaa e cuarto da tarde.
A administración de lotería número 1 da Illa de Arousa, que xa vendera tres dos quintos premios, volveu a ter sorte e, segundo o seu responsable, estima que vendeu algún décimo solto a través de portelo.
Tamén vendeu o Gordo a administración número 1 de Marín, na Rúa da Ponte; e no Bar Campos, na Praza de Ravella de Vilagarcía.
Ademais, outras localidades pontevedresas figuran entre os puntos onde se vendeu este 88008, como Vigo -en dúas administracións diferentes- e Salvaterra de Miño.