As obras de reforma urbana da rúa Rouco atopáronse cun imprevisto inesperado. O achado duns ósos obrigou a paralizar temporalmente os traballos nas inmediacións do colexio de Barcelos.
O edil de Obras, Demetrio Gómez, explicou que os ósos estaban enterrados baixo o pavimento e, encima deles, había cunchas de vieiras e aparentes restos de comida doutros alimentos.
Como obriga a lexislación, a aparición destes ósos, #nte a posibilidade de que fosen restos arqueolóxicos, provocou a intervención dos arqueólogos municipais.
As primeiras análises realizadas indican que os restos non serían humanos, senón dun animal de catro patas que recibiría sepultura na zona. Por agora descoñécese a data aproximada na que podería ter falecido o animal.
Mentres avanza esta investigación, a obra retomarase nos próximos días, unha vez os operarios da empresa adxudicataria cambien a maquinaria para comezar a traballar no lado da rúa que aínda non tocaran.
Este cambio obriga a cortar o tráfico na rúa Rouco durante dous días.