O acordo de mellora da contorna portuaria de Raxó, cun orzamento de 900.000 euros, será aprobado no pleno de xaneiro

Poio
13 de xaneiro 2023

O 11 de xaneiro Portos de Galicia enviaba ao Concello de Poio o documento e os informes xurídicos correspondentes para a aprobación do convenio. O 30% do orzamento das obras correrá a cargo da administración municipal, cun incremento de 600.000 a máis de 900.000 euros coa ampliación dos traballos ata a estrada PO-308

Os concelleiros Julio Casás e Gregorio Agís na zona que será reformada en Raxó
Os concelleiros Julio Casás e Gregorio Agís na zona que será reformada en Raxó / Concello de Poio

Unha vez que o 11 de xaneiro o Concello de Poio recibiu o convenio para reformar a zona portuaria de Raxó cos informes xurídicos correspondentes de Portos de Galicia, xa se pode debater e someter a aprobación este acordo entre ambas as institucións no pleno deste mes de xaneiro, segundo informan desde o goberno local.

Trátase dunha intervención que realizará Portos de Galicia cun orzamento que supera os 900.000 euros. O Concello asume o 30% do investimento.

Gregorio Agís, concelleiro de Urbanismo, lembra que este procedemento iniciouse no verán de 2022 e desenvolvéronse diferentes procedementos administración para a súa aprobación definitiva.

A proposta inicial de Portos de Galicia situábase en 600.000 euros para afrontar a humanización da zona. O goberno local en colaboración co tecido asociativo de Raxó propuxo unha ampliación da zona de actuación e agora amplíase ata a conexión coa estrada PO-308. 

"A mellora integral terá o mesmo tratamento desde o propio porto ata a estrada autonómica e farase un uso de elementos e acabados que dignifiquen e poñan en valor toda a contorna, con acabados en pedra", afirma Agís.