O alcalde de Barro expresa o seu apoio aos bombeiros en folga dos parques comarcais

Barro
30 de novembro 2023

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, acaba de reunirse con representantes dos bombeiros dos parques comarcais que levan meses en folga

O alcalde de Barro reuniuse os bombeiros en folga dos parques comarcais Concello de Barro

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, acaba de reunirse con representantes dos bombeiros dos parques comarcais que levan meses en folga. 

Durante o encontro informaron o alcalde de cales son as súas reivindicacións, que van desde melloras no convenio colectivo, melloras en materia de seguridade, ampliacións de persoais e outras melloras no servizo que están a prestar. 

Os representantes dos bombeiros tamén explicaron ao alcalde de Barro que as persoas responsables do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento non se reúnen con eles para tratar as súas reivindicacións.

Abraldes expresoulles o seu apoio a estas reivindicacións que considera "xustas", pois "desempeñan un servizo público fundamental para o conxunto da sociedade e é necesario que este servizo estea cuberto cos e coas profesionais suficientes e que dispoñan dos recursos tanto materiais como humanos necesarios para desempéñoo do seu labor da mellor forma posible".

O alcalde comprometeuse a trasladar ao resto da corporación municipal as súas reivindicacións.