O alcalde de Barro pídelle un novo centro de saúde á Xunta

Umia
16 de outubro 2020

Xosé Manuel Fernández Abraldes recibiu a visita da nova delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luísa Piñeiro, á que lle trasladou tamén a necesidade de mellorar un tramo da PO-531

A nova delegada da Xunta en Pontevedra, Luísa Piñeiro, reúnese co alcalde de Barro, Xose Manuel Fernández Abraldes
A nova delegada da Xunta en Pontevedra, Luísa Piñeiro, reúnese co alcalde de Barro, Xose Manuel Fernández Abraldes / Xunta de Galicia

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, continúa coa rolda de visitas institucionais polos concellos da provincia.

Este venres mantivo un encontro co alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, quen lle trasladou a necesidade construír un novo centro de saúde.

O rexedor fixo fincapé tamén na conveniencia de intervir nun tramo conflitivo da PO-531 para mellorar a seguridade dos usuarios desta estrada.

Despois desta primeira toma de contacto, a delegada comprometeuse a manter un traballo conxunto entre ambas as administracións, algo que considera "fundamental" para dar resposta ás necesidades e demandas dos veciños.