O alcalde de Cuntis propón reenfocar e mellorar o programa de termalismo do IMSERSO

Umia
24 de setembro 2020

Manuel Campos presidiu por primeira vez a reunión da Asemblea Xeral das Vilas Terminais, celebrada vía telemática ante os condicionantes da pandemia

Manuel Campos, alcalde de Cuntis Concello de Cuntis

A Asemblea Xeral das Vilas Termais, pertencente á Federación Española de Municipios e Provincias, celebraba este xoves a súa primeira reunión presidida polo alcalde de Cuntis e que se desenvolveu por vía telemática ante os condicionantes da pandemia xerada pola  COVID19.

Manuel Campos manifestou o seu obxectivo de "impulsar a Rede, consolidando os traballos que se desenvolveron anteriormente e impulsando novas iniciativas". A medio camiño entre ambas as direccións atópase unha das iniciativas que mencionaba o alcalde  cuntiense. Ante os contactos que se manteñen co director xeral do IMSERSO expuxo que "o parón que provocou a pandemia no programa de termalismo, sexa unha oportunidade para enfocalo doutra maneira e sirva para melloralo".

Ademais, deixando constancia da importante repercusión económica que a actividade termal ten os municipios que integran este organismo, apelou a poñer en marcha "iniciativas que posibiliten o desenvolvemento sostible dos nosos territorios e freen o despoboamento". Para iso, engadía, é "imprescindible contar co apoio das demais Administracións e do sector privado".

Na asemblea aprobáronse diversas cuestións de orde interna como proposta de vogais, memoria de actividades, execución orzamentaria e o plan de actuación para este exercicio e para 2021. Para concluír acordábase celebrar a próxima asemblea no municipio cacereño de Baños de  Montemayor, que leva postergando a súa celebración desde o ano pasado.