O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, está disposto a apoiar o Pacto de Pedre que conforman sete municipios para esixir maior seguridade na estrada de Ourense, a nacional N-541, onde a pasada Noiteboa produciuse un accidente con sete vítimas mortais.
Lores acepta a invitación do alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela para asistir a unha reunión para reclamar ao Gobiemo central a mellora desta estrada. "Véxoo ben. Se me convocan, probablemente asistiría, aínda que nos toca de refilón", manifestou.
O rexedor da capital ha sinalado que "toda rede viaria é susceptible de mellora" e destacou a importancia da mellora das condicións das estradas xunto coa redución da velocidade para evitar os accidentes de tráfico.
ENFADO DE CUBELA
Jorge Cubela expresou o enfado dos alcaldes que conforman o Pacto de Pedre coas declaracións do delegado do Gobiemo en Galicia, Pedro Blanco, desvelando que a causa fundamental do accidente de Noiteboa na N-541 foi a velocidade segundo o informe da investigación.
"Estoume decatando de que Galicia ten delegado de Gobemo", declarou Cubela xa que "despois de nove meses e de varias reunións mediáticas do Pacto de Pedre, seguimos sen que ninguén se dirixa a nós para informamos sobre os proxectos" que ten o Ministerio en relación con este vial.
Cubela criticou a Pedro Blanco porque as súas declaracións sobre aquel accidente "en ningún caso son referidas ao estado da vía, aos proxectos que van poñer en marcha, e nin responde a ningún dos puntos que plantexan os alcaldes a través do Pacto de Pedre. Simplemente é dicir que a culpa e responsabilidade é do condutor".
O alcalde de Cerdedo-Cotobade quere coñecer o contido íntegro do informe e subliñou que "a pesar das responsabilidades que poida ter calquera, o que nós plantexamos é a situación da estrada".
"Volvo dicir que se collemos o vehículo pola estrada ata o límite con Ourense imos ver decenas de cruces e de ramos ao longo do percorrido. Non queremos que a estrada N-541 siga sendo un cemiterio", reiterou.
CHOFER
Pola súa banda, o avogado do condutor do autobús de Pedre nega que o exceso de velocidade fose a causa do tráxico accidente. Este letrado atribúe o sinistro ás condicións meteorolóxicas e a unha balsa de auga a orixe do suceso e considera que o informe da Garda Civil, "da la impresión de que es un informe hecho a medida".
CRÍTICAS DO PSOE
Pola súa banda, Ana Couto, voceira socialista de Cerdedo-Cotobade cualificou coma "especialmente graves" as declaracións do alcalde do municipio ao respecto das conclusións da investigación para aclarar as causas do accidente do autobús en Pedre o pasado Nadal. "No seu desmedido afán de protagonismo político Cubela é capaz de desmerecer o traballo do equipo de atestados da Garda Civil xa que non concorda cos seus intereses. Unha cousa é a investigación científica das causas dos accidentes e outra o vantaxismo político aproveitando a dor deste tipo de traxedias", dixo a portavoz do PSOE local..
Ana Couto destacou que este luns 25 de setembro o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana vai a comezar a execución das actuacións de reparación do viaducto de Vichocuntín sobre o río Lérez, e que ditos traballos consistirán na disposición dun novo pretil de hormigón, sendo necesario o reforzo e a ampliación do taboleiro do viaducto. Con motivo destas obras un dos carrís de circulación estará cortado dende o día 25 de setembro ata o 22 de decembro.
Por todo esto, o PSOE municipal volve a pedir respeto institucional e voltamos a repetir a nosa firme intención de pedir melloras para a N-541 pero tamen para o resto das estradas do noso municipio, independientemente da súa titularidade. Dóenos por igual todas as víctimas dos accidentes.