O alumnado de Ponte Sampaio, xornada de cociña e reciclaxe

Pontevedra
23 de febreiro 2019

Pola mañá, os educadores de Sogama explicaron a un cento de alumnos de educación primaria os conceptos básicos vinculados á xestión sostible dos residuos urbanos. Pola tarde, a ANPA Virxe do Carme organizou una actividade de cociña divertida no ximnasio do centro

Curso de cociña divertida no colexio de Ponte Sampaio CEIP Ponte Sampaio

O alumnado do CEIP de Ponte Sampaio tivo este venres unha xornada completa na que ampliou a formación académica con dúas actividades que achegaron aos escolares ata a cociña e a reciclaxe. 

Pola mañá, os educadores de Sogama explicaron a un cento de alumnos de educación primaria os conceptos básicos vinculados á xestión sostible dos residuos urbanos. É dicir, como comprar de forma responsable, como producir menos lixo, como aproveitar ao máximo os produtos e como clasificalos para que poidan ser reciclados e convertidos en novos recursos de utilidade.

Os tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) guiaron a formación, clarificando todas as dúbidas que os pequenos poidan ter respecto dos contedores de destino para cada material. Así mesmo, os monitores abundaron nos beneficios ambientais, económicos e sociais da compostaxe doméstica.

Esta actividade enmárcase dentro das múltiples e variadas actividades que celebrarán este ano no centro educativo sobre o medio natural, a reciclaxe, xestión de residuos… Foi unha experiencia moi enriquecedora coa que gozaron tanto alumnado como profesorado e a partir de agora traballarán nas aulas sobre o aprendido e o que falta por aprender sobre este proxecto.

Pola tarde, a ANPA Virxe do Carme organizou una actividade de cociña divertida no ximnasio do centro. Os escolares disfrutaron dunha actividade singular y divertida durante una hora, unha experiencia enriquecedora da que gozaron alumnos e familias.