A figura do Apalpador será recuperada para o programa "Nadal en Galego" que a Deputación puso en marcha para estas datas.
O popular personaxe galego, que apalpa as barrigas dos nenos polo Nadal, chegará á alameda de Marín este día 24 de decembro, y estará dende as 16:30 ata as 18 horas.
O Apalpador é un home de barba rubia que vive nas montañas do Courel e Os Ancares. No Nadal baixa a visitar aos nenos, aos que apalpa a barriga para ver se están ben alimentados.
Por outra banda, este mércores a Asociación amigos dos Rapaces achegouse ata o Concello para cantar panxoliñas.