Durante as últimas horas rexistráronse 94 novos casos positivos na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, que mantén 74 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización, catro menos que na xornada do xoves.
No Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra atópase 58 persoas ingresadas; 2 están no Hospital Quirón Saúde Miguel Domínguez de Pontevedra; 14 mantéñense no Hospital do Salnés. 4 pacientes atópanse na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Permanencen 1.116 casos covid evolucionando no domicilio e, por tanto hai 1.194 casos activos na área sanitaria, 54 máis que onte, ao descontar os 37 casos curados durante as últimas horas. Desta forma, segundo os datos ofrecidos polo servizo de prensa da área sanitaria curáronse desde o inicio da pandemia 2.691 e 33 pacientes faleceron por culpa do virus.
Realizáronse 1.006 probas PCR' s nas últimas horas, que se engaden ás 69.955 xa efectuadas desde o comezo desta pandemia.
DATOS EN GALICIA
En Galicia, a situación este venres recolle, segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, 10.000 casos activos de covid-19. A cifra sitúase en 10.196 positivos, despois de que as probas PCR efectuadas durante as últimas 24 horas ofrezan outros 685 contagios, dos que 154 correspóndense á área de Vigo e 153 á da zona da Coruña.
O número de persoas falecidas por coronavirus en Galicia asicende xa a 969. Na tarde deste xoves, a Consellería de Sanidade anunciaba nove falecementos máis, todos eles con patoloxías previas. Tres das vítimas atopábanse en residencias de maiores.