O Banco de Alimentos activa a súa primeira recollida solidaria de 2022

Pontevedra
10 de marzo 2022

Uns 70 voluntarios participarán esta fin de semana na primeira recollida solidaria de alimentos que organiza este ano o Banco de Alimentos de Pontevedra. Será a iniciativa coñecida como 'zampakilos solidario', que se organizará na trintena de supermercados que o grupo Vegalsa-Eroski ten na provincia

Gran Recollida 2021 da Fundación Banco de Alimentos Cristina Saiz

Uns 70 voluntarios participarán esta fin de semana na primeira recollida solidaria de alimentos que organiza este ano o Banco de Alimentos de Pontevedra.

Será a iniciativa coñecida como 'zampakilos solidario', que se organizará na trintena de supermercados que o grupo Vegalsa-Eroski ten na provincia, entre outras localidades, en Pontevedra, Marín, Cambados ou Lalín.

De todos eses voluntarios, en Pontevedra haberá 25, mentres que en Marín, Cambados e Lalín haberá outros 15 en cada unha delas. 

As doazóns de alimentos, que se recollerán este venres e sábado, 11 e 12 de marzo, poderán realizarse de maneira mixta: entregando comida non perecedoira aos voluntarios presentes ou facendo achegas económicas ao pasar por caixa.

Con este ' zampakilos solidario', o Banco de Alimentos tenta ir retomando este tipo de iniciativas despois de dous anos nos que, por motivo da pandemia, se rebaixaron substancialmente.