O Banco de Alimentos recibiu esta fin de semana máis de 4.000 quilos de comida

Pontevedra
23 de abril 2018

Grazas ás doazóns achegadas pola cidadanía, o Banco de Alimentos recuperará o stock de produtos básicos do seu almacén de Faustino Santalices, co que, poderá seguir axudando ás preto de 5.000 persoas con dificultades en Pontevedra cidade e a súa comarca

Voluntarios do Banco de Alimentos
Voluntarios do Banco de Alimentos

A Fundación Provincial Banco de Alimentos recibiu esta fin de semana máis de 4.000 quilos de comida da campaña de "O Zampakilos Solidario" desenvolvida en Pontevedra, Vilagarcía, Marín e Lalín.

Uns 70 voluntarios das devanditas localidades participaron nesta recollida de alimentos, impulsada por segundo ano consecutivo por Vegalsa-Eroski.

Grazas ás doazóns achegadas pola cidadanía, o Banco de Alimentos recuperará o stock de produtos básicos do seu almacén de Faustino Santalices, co que, poderá seguir axudando ás preto de 5.000 persoas con dificultades en Pontevedra cidade e a súa comarca.

Os beneficiarios desta axuda residen en Pontevedra cidade, así como noutras localidades como Arcade, Lalín, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Caldas de Reis, Sanxenxo ou Vilagarcía.

Na actualidade, o Banco de Alimentos en Pontevedra axuda con alimentos diarios ao comedor social de San Vicente de Paúl en Marín, o convento de San Francisco en Pontevedra e o albergue de San Javier de Pontevedra.