O banco "máis amoroso" do Nadal está en Pontevedra

Pontevedra
14 de decembro 2018

As estampas do Nadal pontevedrés terá, a partir de agora, un novo marco. O Concello habilitou o que cualifican como o banco "máis amoroso" destas festas. Está situado na praza de Ourense, fronte os xardíns de Casto Sampedro

Banco de Nadal na Praza de Ourense
Banco de Nadal na Praza de Ourense / PontevedraViva

As estampas do Nadal pontevedrés terá, a partir de agora, un novo marco. O Concello habilitou o que cualifican como o banco "máis amoroso" destas festas.

Está situado na praza de Ourense, fronte os xardíns de Casto Sampedro. Foi colocado nas últimas horas polos operarios do servizo municipal de xardíns.

O banco está adornado con acivro e outras plantas de Nadal e está pensado para que os veciños e os visitantes da Boa Vila poidan retratar a súa felicidade.

Esta iniciativa forma parte da decoración de Nadal da cidade.

O goberno municipal anima a todos os que queiran felicitar as festas desde este bambán que suban a fotografía ás redes sociais coa etiqueta #BoNadalBoaVila. O Concello recollerá todas estas imaxes e vai incluílas nunha galería.