O Bloque convoca una concentración en defensa do castro de A Subidá

Marín
26 de novembro 2020

O BNG de Marín convoca unha concentración en defensa do castro de A Subidá e demandando a paralización das obras de musealización que se están realizando dentro do proxecto Trazas de Pontevedra I por parte da Deputación de Pontevedra coa colaboración do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

Obras no castro da Subidá
Obras no castro da Subidá / Colectivo Monte Pituco

O BNG de Marín convoca unha concentración en defensa do castro de A Subidá e demandando a paralización das obras de musealización que se están realizando dentro do proxecto Trazas de Pontevedra I por parte da Deputación de Pontevedra coa colaboración do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Será este sábado día 28, ás 17,00 horas.

O Bloque anima á veciñanza a participar nesta concentración ou noutro tipo de actividades que se leven a cabo como a iniciativa de recollida de sinaturas en Change.org, solicitando a paralización inmediata das obras.

Din os representantes do BNG en Marín que "as actuacións no Castro de A Subidá son un atentado e unha falta de respecto para o noso patrimonio arqueolóxico". Engaden que a posta en valor e musealización do castro de A Subidá "está supoñendo unha urbanización e transformación do xacemento nun parque ou mirador". 

"Non estamos ante uns traballos de escavación, investigación ou conservación do castro, estamos ante unha transformación do castro nun parque temático", afirman.