O BNG buscará apoio no pleno para pedir á Xunta lombos en Lérez e Xeve

Pontevedra
14 de xullo 2017

O goberno local pretende que a Xunta, titular da estrada PO-223 entre Pontevedra e Campo Lameiro, acometa medidas de acougado de tráfico para acabar co problema de seguridade viaria nas zonas máis urbanas "nas que vive moita xente e hai duás instalacións sanitarias, colexios...", argumentou o concelleiro Demetrio Gómez

Estrada PO-223 entre Pontevedra e Campo Lameiro o seu paso por Xeve
Estrada PO-223 entre Pontevedra e Campo Lameiro o seu paso por Xeve / Cristina Saiz

O goberno local de Pontevedra quere pedir á Xunta de Galicia que impoña medidas de acougado de tráfico na PO-223, estrada que une Pontevedra e Campo Lameiro, ao seu paso polas parroquias de Lérez e Xeve.

Por ese motivo o BNG levará ao próximo pleno municipal unha moción en busca do apoio dos demais grupos da corporación, ante o que entenden como un importante problema de seguridade viaria nas zonas máis urbanas "nas que vive moita xente e hai duás instalacións sanitarias, colexios ou ou parque da Bouza", sinalou o concelleiro Demetrio Gómez.

En concreto a moción solicitará á Xunta, titular da vía, que se impoña a limitación máxima de 30 quilómetros por hora e se intalen 'lombos' nos lugares máis sensibles entre Porta da Coxa e Fragoso, ademais de habilitar máis beirarrúas ou sendas que garantan a seguridade do peón.

"En Lérez sería case todo", explicou o edil, aínda que dependería do mesmo xeito que no tramo de Xeve dos informes técnicos que se elaboren respecto diso.

Demetrio Gómez compareceu para explicar a moción do seu grupo acompañado de representantes veciñais, xa que se pactou coa Asociación de Veciños de Lérez e a Recreativa de Xeve.

A estrada entre Pontevedra e Campo Lameiro é unha vía que xerou polémica nos últimos anos pola súa alta sinistralidade, ata que se acometeron traballos para mellorar o seu agarre. "Iso se resolveu pero non a velocidade", defendeu Miguel Vilacoba, representante veciñal, criticando que a administración autonómica "parece que só se acorda da estrada cando chega o San Benito".