O BNG de Cerdedo-Cotobade denuncia o "roubo" dunha faixa "contra o espolio eólico"

Cerdedo Cotobade
01 de agosto 2021

As queixas do BNG de Cerdedo-Cotobade seguen á orde do día. Ás alegacións presentadas con anterioridade con motivo dos tres novos proxectos eólicos (Tramontana, Siroco e Rula) e aos de Porto Vidros e Campo das Rosas, únese a denuncia do roubo dunha faixa que estaba en contra do proxecto

Faixa de cinco metros colocada na recta da Chan, en Carballedo
Faixa de cinco metros colocada na recta da Chan, en Carballedo /

As queixas do BNG de Cerdedo-Cotobade seguen á orde do día. Ás alegacións presentadas con anterioridade con motivo dos tres novos proxectos eólicos (Tramontana, Siroco e Rula) e aos de Porto Vidros e Campo das Rosas, únese a denuncia do roubo dunha faixa que estaba en contra do proxecto.

Desta forma, o partido nacionalista acusa do roubo dunha faixa de máis de 5 metros colocada na recta de Chan, en Carballedo. Segundo o grupo municipal, a faixa era a utilizada nos actos de denuncia "contra o espolio enerxético que estamos a sofrer" e "foi roubada esta pasada noite".

O portavoz do grupo nacionalista, Ernesto Filgueira, explicou que a faixa a colocaron o pasado martes diante de numerosos veciños da localidade, pero este domingo xa non estaba, segundo puideron ver varios membros do BNG que achegáronse ata o lugar. Comprobaron que, efectivamente, "non había restos da faixa máis si as bridas cortadas e tiradas no chan". 

Arquivado en