A Casa da Cultura de Amil acollerá este venres 13 de setembro, ás 19:00 horas, a preestrea do documental 'Vidas Irrenovables', dirixido por Francisco J. Vaquero Robustillo.
Este evento, organizado pola plataforma Amil Sen Eólicos, pretende concienciar sobre os impactos da implantación das enerxías renovables no mundo rural.
'Vidas Irrenovables' é unha...
O Pleno do Concello de Poio celebrado este martes deu conta das alegacións elaboradas conxuntamente polos grupos da corporación en contra da instalación dun parque eólico no Monte Castrove.
No documento recóllense as afeccións a humidais ou turberas, así como o impacto que tería sobre o medio e na poboación da...
Un informe difundido pola 'Plataforma Eólicos no Morrazo Non' sobre o patrimonio cultural da comarca afectado pola Área de Desenvolvemento Eólico (ADE) alerta de que máis do 80 % das mámoas desta comarca está en risco polos proxectos eólicos.
Sinalan que no proxecto de parque eólico promovido por Arena Power no...
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz anunciou que "iremos da man coa Comunidade de Montes de Baltar para paralizar o parque eólico Serra da Fracha".
A pasada semana a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade recolvió o expediente de impacto ambiental relativo ao proxecto do Parque Eólico Serra da...
O pleno do Concello de Marín debateu este xoves unha moción contra a instalación na comarca do parque eólico presentado por Arena Power e "calquera outro que se pretenda instalar non futuro".
Tamén se solicitaba ao Concello a que promovese todas as accións legais e xudiciais para impedir a súa instalación,...
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade resolveu o expediente de impacto ambiental relativo ao proxecto do Parque Eólico Serra da Fracha, que afecta aos Concellos de Ponte Caldelas e de Pontevedra.
Este proxecto, promovido por Eólica Santa Teresa, conlevará a instalación de dous aeroxeradores coa súa infraestrutura asociada para...
O Concello de Barro e varios colectivos veciñais veñen de anunciar que presentará alegacións ao proxecto do parque eólico previsto para o monte Castrove.
O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, encargoulle aos distintos departamentos técnicos municipais o estudo da declaración de impacto ambiental e da solicitude de autorización administrativa...
Os alcaldes dos concellos da Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade reuníronse este xoves coas asociacións locais por mor do anuncio do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico da creación de dous novos proxectos eólicos no interior de Pontevedra.
Trátase, máis concretamente, dos proxectos chamados Xubrintas e Alamoceiros, compostos...
O goberno local de Vilaboa levará ao pleno do luns unha moción na que instará á Corporación municipal a rexeitar a instalación no Morrazo do Parque presentado no Rexistro Eólico de Galicia pola empresa Arena Power e que se instalaría en montes de Vilaboa, Moaña e Marín, así como respaldar...
A Plataforma "Eólicos no Morrazo Non", conformada por comunidades de montes, asociacións ecoloxistas, colectivos sociais de todo tipo e persoas individuais, vén de anunciar "a convocatoria de asembleas veciñais nas localidades da comarca para informar á veciñanza da ameaza do proxecto de macroparque eólico".
Segundo aseguran, ese parque tería 15 aeroxeradores...
O anuncio do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico de novos proxectos de parques eólicos ven de facer saltar as alarmas entre a veciñanza dos concellos de Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e A Estrada.
Concretamente son os proxectos eólicos Xubrintas (61,95 MW) e Alamoceiros (68,49 MW), os cales se...
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou a suspensión cautelar do parque eólico Dos Cotos xunto a outro cinco máis autorizados pola Xunta ao entender acreditada a existencia do periculum in mora, que forma parte da esencia da medida cautelar, xa que con el se tenta asegurar que...
As organizacións Amil Sen Eólicos e ADEGA reclaman ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que vixíe as actuacións que está a desenvolver a promotora eólica Norvento no monte Acibal.
Unha vez que o alto tribunal autonómico decidía paralizar de maneira cautelar as obras de construción do parque eólico neste...
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a "paralización inmediata" da construción do parque eólico do Acibal, nos municipios pontevedreses de Barro, Campo Lameiro e Moraña, polo achado de restos arqueolóxicos.
Estas obras, autorizadas pola dirección xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia, quedaron en...
As rúas de Pontevedra acolleron este domingo a manifestación 'O Pobo Galego Unido Contra a Depredación Enerxética - As Cidades e o Rural Xuntas Contra o Capital'.
A marcha estaba convocada pola plafatorma Contra Vento e Maré, formada por colectivos sociais de Pontevedra e comarca, co obxectivo de denunciar o desenvolvemento...
O Teatro Principal acollía este xoves un acto para analizar a situación actual dos montes en Galicia e, en concreto, da provincia de Pontevedra ante as perspectivas de proxectos de creación de parques eólicos de maneira masiva.
Baixo o título 'Salvemos o Acibal', o monte situado en Amil, Moraña, centrou a...
Este xoves 11 de xaneiro a partir das 20.00 horas, o Teatro Principal de Pontevedra acollerá unha xornada activista baixo o título de 'Salvemos o Acibal'.
Neste monte estaba en marcha a execución do parque eólico Acibal, situado entre os municipios de Barro, Campo Lameiro e Moraña. En outubro de 2023,...
O sábado 28 de outubro está previsto que veciñanza de Moraña e integrantes do colectivo 'Amil Sen Eólicos' protagonicen un acto na Casa da Cultura de Amil para presentar o 'Manifesto contra o espolio dos nosos montes e os seus bens', un traballo colectivo para denunciar a construción do polígono...
A asociación ecoloxista ADEGA logrou os fondos para presentar un recurso contencioso-administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia coa intención de paralizar o proxecto eólico Touriñán III-2, de Greenalia.
O colectivo solicitará a detención cautelar deste proxecto industrial que afecta os municipios de Campo Lameiro, Cuntis e A Estrada.
A campaña...
A instalación da liña de evacuación do Parque Eólico dos Cotos en Cerdedo-Cotobade conta coa oposición do Concello, que presentou alegacións a este proxecto mostrando o seu rexeitamento ao estudo de impacto ambiental e ás solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e a...
A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) emitiu cinco autos nos que denega as medidas cautelares urxentes solicitadas por Ecoloxistas en Acción para que se suspendesen as autorizacións administrativas previas e de construción dos proxectos dos parques eólicos de Serra do Faro,...
ADEGA, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, presentaba nas últimas horas un contencioso-administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra a autorización concedida pola Xunta ao parque eólico denominado 'Campo das Rosas', que levará a cabo a empresa Naturgy entre os municipios de Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e...
Ernesto Filgueira, portavoz municipal do BNG en Cerdedo-Cotobade, presentou un escrito solicitando ao goberno municipal que emprenda as accións legais co obxectivo de paralizar a tramitación dos parques eólicos que afectan o municipio, ao achegarse o final de prazo para presentar recursos.
"Supón unha ameaza directa desde o punto de vista...
Novo achado de elementos patrimoniais no Monte Acibal. O colectivo Amil Sen Eólicos alerta da presenza do primeiro panel completo de petróglifos que detectan na zona das obras que se realizan para a instalación do parque eólico.
Segundo esta agrupación que mantén a súa loita en defensa do Monte Acibal, o...
Integrantes do colectivo Amil Sen Eólicos presentaban este luns unha denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente de Pontevedra nos Xulgados da Parda con motivo do proxecto de construción dun polígono eólico no monte Acibal.
Consideran que este proxecto atenta contra o patrimonio cultural e natural da zona. Por esta razón,...
O colectivo Amil Sen Eólicos persiste na súa denuncia da destrución do Patrimonio Arqueolóxico e Natural no monte Acibal, onde se está a construír un parque eólico.
Durante este fin de semana, membros do colectivo encheron de cruces o camiño a Santa Xusta nunha mostra simbólica do seu particular Via Crucis, co obxectivo...
O Concello de Cerdedo-Cotobade sustentou o informe negativo fronte ao procedemento de avaliación ambiental do proxecto Parque Eólico Ampliación As Penizas nun total de vinte alegacións preparadas pola empresa Tysgal.
Esta empresa, especializada en temas medioambientais, foi contratada pola administración local para argumentar legal e científicamente a oposición a saturación deste tipo de...
Residentes en Amil (Moraña), Xeve (Pontevedra) e Campo Lameiro solicitaban un ditame á Real Academia Galega de Belas Artes para que realizase un informe sobre a construción do Polígono Eólico Acibal. Enviaron informes sobre o Patrimonio Natural e Arqueolóxico do Monte Acibal, incluíndo elementos que, segundo os afectados, non se...
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e a presidenta da Comunidade de Montes de Baltar, Marisol Boullosa, acordaron ir da man para defender os intereses da veciñanza de Baltar e, por extensión, de todo Ponte Caldelas
O alcalde de Ponte Caldelas manifestou que "defenderemos o noso monte, a natureza, o...
O candidato á alcaldía de Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, acompañado por membros do Concello Local do BNG, vén de rexistrar na Xunta de Galicia as alegacións da formación nacionalista ao proxecto eólico "Ampliación Penizas" que afecta á parroquia de Tomonde, en Cerdedo-Cotobade, e Liripio, Castrelo, Quintillán pertencentes aos concellos de Forcarei...
Tanto o BNG como o PSOE reaccionaron ante a decisión da Xunta de Galicia de conceder a autorización administrativa previa e de construción para o desenvolvemento de seis parques eólicos en Cerdedo-Cotobade dentro dos 75 proxectos en Galicia que, a finais de xaneiro, obtiveron unha declaración de impacto ambiental favorable.
Ana...
Iñaki Touriño, candidato á alcaldía da Lama, pide a David Carrera, cabeza da lista do PP, a que retire da súa candidatura a Jorge Canda, actual alcalde do municipio, ao considerar que "enganou" os veciños cando lles dixo que non coñecía o proxecto eólico previsto no Monte Peón.
O representante socialista...
O movemento veciñal 'Amil sen eólicos' denuncia novos danos no patrimonio do monte Acibal derivados das obras do polígono eólico en marcha na zona.
Tal e como denuncia o portavoz do colectivo, Lucas Andión, nesta ocasión, resultaron danados varios elementos prehistóricos que estaban balizados polos veciños e non se respectaron.
Segundo explica,...
O Colectivo do Vento de Campo Lameiro e a plataforma Amil Sen Eólicos presentaban esta semana máis de 2.000 alegacións recollidas entre residentes de Moraña e Campo Lameiro contra o proxecto eólico Zudreiro.
Nos escritos alertan de que este polígono eólico contempla a contrucción de cinco aeroxeradores, de 200 metros de...
A Fracha, O Castrove e O Acibal. Son, por agora, os tres montes da área de Pontevedra incluídos na vaga de parques eólicos que se impulsan en Galicia. Todos eles xeraron unha enorme preocupación entre as comunidades afectadas.
Unha "invasión eólica", segundo o goberno municipal pontevedrés, contra a que traballarán "con...
O proxecto de instalación dun parque eólico no Monte Peón segue atopando rexeitamento nos veciños da Lama.
Un grupo de veciños de Antes, O Peso e outros lugares do municipio concentráronse este sábado en sinal de protesta ante o que entienen como un "atentado ambiental" que pon en perigo un lugar...
O BNG rexistraba este xoves 13 no Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas en defensa da Serra do Suído. Trátase dunha proposta para frear os proxectos eólicos que poñen en risco os valores naturais, culturais e humanos desta zona, segundo expoñen desde a formación nacionalista.
Luís Bará, deputado nacionalista, afirma...
O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a resolución pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública do parque eólico Serra da Fracha, situado nos concellos de...
O movemento veciñal 'Amil sen eólicos' continúa denunciando o impacto da construción do polígono eólico Acibal en Moraña no seu patrimonio e durante esta Semana Santa reportaron oito novos casos de patrimonio en perigo polas obras.
Durante a Semana Santa, os veciños de Amil realizaron camiñadas polo Acibal e atoparon estes...
A sesión plenaria do luns no Concello de Bueu conlevou a aprobación dunha moción sobre a retirada do Plan de Ordenación do Espazo Marítimo que presentou o BNG. A agrupación nacionalista apoiada por ACB votaba a favor de instar o goberno español á retirada destes proxectos eólicos ao entender que...
A proliferación de parques eólicos na contorna de Pontevedra preocupa ao goberno municipal. Por iso é polo que, o Concello posicionouse radicalmente en contra da instalación "masiva" destes polígonos nos montes da comarca.
Así o certifican nunha carta que enviaron á Xunta de Galicia para apuntar que Pontevedra "estará sempre a...
A proliferación de proxectos eólicos no municipio de Campo Lameiro continúa preocupando entre a poboación. Esta fin de semana, representantes de todos os grupos políticos da corporación municipal (PPdeG, Provir e PSdeG-PSOE) mantiñan un encontro nos baixos do Concello con residentes na vila analizando o "impacto negativo" que causarían estas...
O movemento veciñal Amil sen eólicos denunciou a destrución de varios petróglifos durante a construción do polígono eólico Acibal en Moraña. Segundo os veciños, "os petróglifos foron danados polas obras, o que constitúe unha violación da lei de protección do patrimonio cultural".
Os veciños tamén denuncian a falta de medidas de...
Nun encontro coa veciñanza de Antas, o alcalde da Lama, Jorge Canda, trasladou o apoio do equipo de goberno ás reivindicacións e oposición á instalación do parque eólico en Monte Peón.
O rexedor comprometíase nesta reunión para convocar un pleno extraordinario para referendar por todos os grupos municipais o rexeitamento ao...
Representantes do Bloque Nacionalista Galego presentaban este martes un escrito na Subdelegación do Goberno co obxectivo de reclamar a atención do Ministerio para a Transición Ecolóxica sobre os efectos que implicaría a instalación do parque eólico Carballoso no patrimonio natural, cultural e paisaxístico dos municipios da Lama, Fornelos e na...
O Concello de Pontevedra solicitou un informe urxente a Augas de Galicia da Xunta polo proxecto de instalación do parque eólico de Acibal ao entender que existe posibilidade de que afecte ao encoro do Pontillón do Castro. Anabel Gulías, portavoz municipal, indicaba que o tema se tratou en Xunta de Goberno...
A corporación municipal en sesión extraordinaria decidiu por unanimidade dos concelleiros presentes aprobar unha declaración na que se proclama a Campo Lameiro como "concello libre de eólicos" como medida de rexeitamento á proliferación de proxectos industriais que afectan directa ou indirectamente a este municipio.
O pleno extraordinario, que contou coa presenza...
Un grupo de persoas procedentes de Amil, Xeve e Campo Lameiro realizaba este domingo unha andaina polo monte Acibal coa intención de aproveitar este espazo natural antes da instalación prevista dos aeroxeradores que se proxectan na zona.
Ao longo da travesía por zonas que se verán afectadas polo polígono eólico e...
Este sábado 18 de marzo, doce profesionais da fotografía, un documentalista e doce guías locais dirixíronse a diferentes lugares dos montes Cádavo e Montouto, espazos naturais nos que está prevista a instalación de aeroxeradores eléctricos e outras instalacións relacionadas con estes parques eólicos.
O colectivo de profesionais da fotografía formado por...
Asociacións como a plataforma Amil Sen Eólicos, Ecoloxistas en Acción de Galicia e Petón do Lobo, e veciños de Xeve, Amil e Campo Lameiro solicitan a paralización inmediata das obras do parque eólico Acibal de Moraña.
Segundo apuntan, existen informes técnicos que prevén unha grave alteración hidrolóxica da zona húmida e...
A Corporación municipal de Moraña expresou o seu rexeitamento aos tres parques eólicos proxectados na contorna de Amil nun pleno extraordinario ao que acudiron numerosos veciños.
"Pan para hoxe e fame para mañán. Moraña non pode ser 'terra de sacrificio'. Amil sen eólicos", proclamouse nesta sesión plenaria.
Por unanimidade aprobouse un manifesto presentado por estes...
Tres proxectos de parques eólicos afectan ao Concello de Moraña. O de Acival xa conta con licenza e comezará a súa construción proximamente, segundo indica o goberno local. "Contra o de Acival xa non podemos facer nada", explica o alcalde José Cela.
Agora o obxectivo é frear os outros polígonos eólicos...
O Centro Cultural de Santa María de Xeve acolleu este sábado unha reunión informativa sobre os polígonos eólicos proxectados na contorna.
"Sempre sorprende que, aínda que xa case finaliza o prazo do que é o segundo parque eólico na contorna, a xente non sabe absolutamente nada, ves caras de sorpresa, como...
O Concello de Cerdedo-Cotobade sustenta o informe negativo fronte á instalación do Parque Eólico Monte do Pé nun total de 25 alegacións preparadas pola empresa Tysgal, especializada en temas medioambientais contratada pola administración local para argumentar legal e científicamente a oposición a saturación deste tipo de infraestruturas no municipio.
Nestes momentos...
Residentes da parroquia de Aguasantas en Cerdedo-Cotobade presentaron máis de 600 alegacións ao proxecto do parque eólico Monte do Pé, que afecta principalmente a este espazo.
Explican desde o colectivo de veciñal que se tentaron presentar inicialmente no Concello de Cerdedo-Cotobade pero atopáronse con dificultades xa que non lles garantían a...
Esta fin de semana celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra as Xornadas "Temos Alternativa", organizadas pola Coordinadora Eólica Así Non, nas que participaron máis de 350 persoas atraídas polo interese social que suscita a proposta de "construír colectivamente un modelo enerxético alternativo e radicalmente distinto ao imposto polo oligopolio...
Luís Bará, deputado do BNG, presentou unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia para instar á Xunta a que non aprobe os proxectos eólicos previstos en Porto Vidros e Campo das Rosas. O representante nacionalista e o candidato á alcaldía Ernesto Filgueira expuxeron a súa oposición a esta...
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico arquivou o proxecto de parque eólico promovido por Green Capital, denominado ‘Rula’, de 55MW en Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas e o promovido por Greenalia, que agrupaba os parques ‘Tramontana’, de 72,5 megavatios (MW), e ‘Siroco’, de 61,6 MW en montes...
A Coordinadora Eólica Así Non, formada por máis de 200 colectivos, plataformas e outras entidades galegas críticas co actual modelo eólico, organizan as primeiras xornadas divulgativas e formativas "Temos Alternativa", que terán lugar os días 4 e 5 de febreiro, no Pazo da Cultura de Pontevedra.
As xornadas pretenden ser un...
O grupo municipal do Partido Socialista en Cerdedo-Cotobade acaba de solicitar este martes que se convoque unha xunta de portavoces ante o avance na tramitación do Parque Eólico de Campo das Rosas.
Este luns, 9 de xaneiro, foi publicada a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorable desta instalación que afecta principalmente...
O 11 de decembro celébrase o Día Internacional das Montañas e por este motivo representantes de oito colectivos ecoloxistas concentrábanse ás 12.00 horas na Praza da Peregrina en Pontevedra ante o chamamento da Coordinadora 'Eólica, Así Non' que alerta da actual invasión eólica.
Ao acto asistían tamén os alcaldes de Pontevedra e...
Oito asociacións ecoloxistas uníronse para facer oír a súa voz contra o actual modelo de enerxía eólica. Farano con concentracións en toda Galicia que, no caso de Pontevedra, celebrarase o vindeiro domingo 11 de decembro, ás 12:00 horas, na Praza da Peregrina.
Será unha mobilización en defensa das montañas de Galicia,...
As comunidades de montes de Aguasantas, Borela, Carballedo, Loureiro e Rebordelo, por un lado, e o Concello de Cerdedo-Cotobade, polo outro, presentarán un recurso xudicial á declaración de impacto ambiental aprobada para o parque eólico dos Cotos.
Así o ratificaron nunha xuntanza celebrada no consistorio de Carballedo, no que decidiron tamén...
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela e o voceiro do grupo municipal do BNG, Ernesto Filgueira protagonizan estes días un enfrontamento político polos parques eólicos proxectados neste concello.
O BNG vén de presentar alegacións ao parque eólico de Borreiro "ante a deixadez de funcións de Jorge Cubela" di Ernesto Filgueira que...
O BNG de Cerdedo-Cotobade vén de presentar alegacións ao proxecto de parque eólico de Pedra Longa, que afecta aos concellos de A Estrada, Forcarei, e á parroquia de Tomonde. Un proxecto que comparte liñas de evacuación co das Penizas, e que se suma aos outros parques en tramitación que afectan...
Ata duascentas alegacións presentaron os veciños de Campo Lameiro contra o parque eólico que impulsa a compañía Greenalia, coñecido como Touriñán III-2.
Este parque, que tamén ocupa monte dos concellos de Cuntis e A Estrada, afectaría "gravemente", según os opositores, aos montes comunais da Armonda, A Lamosa, Muimenta e Painceiros.
Este movemento...
As protestas que nos últimos tempos xurdiron en toda a provincia de Pontevedra contra parques eólicos proxectados en distintas localidades tamén prenderon en Campo Lameiro.
Veciñanza do Concello de Campo Lameiro amosa estes días o seu rexeitamento ao proxecto de parque eólico Touriñán III-2, proxectado por Greenalia, que tamén afecta os...
As rúas de Santiago de Compostela recibían este domingo a integrantes de 223 entidades e plataformas galegas de ámbitos ecoloxistas, culturais, veciñais, sociais, sindicais e políticas para reclamar un modelo enerxético xusto coa sociedade de Galicia e sostible en relación ao medio ambiente.
A marcha desenvolvíase nesta xornada na que se celebra...
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mantivo este xoves en Pontevedra un encontro con colectivos, plataformas e asociacións afectadas polo "espolio eólico especulativo e depredador", cos que compartiu as propostas do BNG para un desenvolvemento eólico "a favor do país e sostible no social, no económico e no ambiental".
No...
A veciñanza de Cerdedo volveu saír á rúa para amosar o seu rexeitamento aos dous parques eólicos promovidos por Naturgy no municipio, Campo das Rosas e Porto Vidros, que está a tramitar a Xunta de Galicia. Foi cunha masiva manifestación celebrada este domingo.
A marcha comezou na Praza do Concello e,...
As comunidades de montes de Quireza, Pedre, Chamadoira, Corredoira, San Bernabé, a Asociación de Veciños de Cuíñas, o BNG, o Partido Popular e o PSdeG-PSOE de Cerdedo-Cotobade acordaron de forma unánime transformar a manifestación convocada para o domingo 22 de maio ás 12 horas do mediodía diante do consistorio de...
O voceiro do grupo municipal do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, ven de instar ao Partido Popular e ao Partido Socialista a se sumar á mobilización convocada polo Bloque contra os parques eólicos de Portos Vidros e Campo das Rosas, que terá lugar o vindeiro domingo 22 de...
Os portavoces municipais do BNG en Cerdedo-Cotobade e Forcarei, Ernesto Filgueira e Roberto Jorge Correa, acompañados por integrantes da formación nos concellos da Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade anunciaban este mércores a convocatoria dun acto de protesta contra a instalación dos parques eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas.
Filgueira...
A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais concedeu a autorización administrativa previa ao parque eólico do monte Acibal.
A resolución, publicada este martes no Diario Oficial de Galicia, declara que o proxecto é de utilidade pública e compatible con diversos aproveitamentos forestais.
O parque eólico do monte Acibal é un...
O Concello de Ponte Caldelas vén de remitir os dous informes desfavorables sobre a liña de alta tensión dos parques eólicos de Os Cotos II e Chan dos Meniños á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
De ambos os...
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acompañado pola tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro e a concelleira Belén Casado reuniuse este venres cos veciños de Cuíña, na parroquia de Quireza, para intercambiar información sobre os distintos proxectos eólicos que afectan a esta zona.
Co obxectivo de establecer estratexias conxuntas para defender os...
O Concello de Pontevedra xa conta cos informes para presentar as alegacións ao proxecto de construción do Parque Eólico dos Cotos, que afecta a Pontevedra, Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas.
Anabel Gulías, portavoz do goberno local, indicaba que esta iniciativa proxecta, ademais das liñas aéreas, outra soterrada que afecta principalmente o territorio...
A Comisión de Industria do Parlamento de Galicia serviu este xoves para debatir sobre a tramitación do proxecto de parque eólico de Os Cotos, en Cerdedo-Cotobade. Na sesión, a deputada socialista Paloma Castro denunciou “falla de transparencia e de información” por parte da Xunta e calificou de "aleivosa" a manobra...
A Comunidade de Montes de Viascón ven de presentar alegacións contra o proxecto eólico dos Cotos tendo en conta que unha parte da superficie forestal da parroquia vese afectada "pola sobredimensionada poligonal do proxecto eólico e por diversas afeccións de índole natural, gandeira, paisaxística, hídrica e moitas outras que lle...
A plataforma 'Así Eólicos Non' reuniu este sábado en Pontevedra veciños, asociacións e representantes políticos de varios municipios da comarca para visibilizar a problemática que supón a creación do parque eólico dos Cotos, en Cerdedo-Cotobade, "e os que veñen", en alusión ao resto de iniciativas eólicas en marcha na provincia...
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, remitiu esta mañá á Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación unha solicitude de paralización do proxecto do Parque Eólico dos Cotos e da súa liña de evacuación alegando a ilegalidade do proxecto debido á súa...
Este sábado 29, catro autobuses partirán desde o municipio de Ponte Caldelas para recoller a todas aquelas persoas que queiran acudir á concentración que convocou a Plataforma Así Eólicos Non ás 12.00 horas ante o edificio da Xunta de Galicia en Camponlongo.
Os autobuses sairán ás 11.00 horas desde Silvoso, Forzáns,...
“Maniféstome rotunda e claramente en contra do proxecto do parque eólico dos Cotos, pero non fronte a calqueira parque eólico que se pretenda construír en Galicia nin contra a enerxía eólica”, así de claro e taxante foi o alcade de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, á hora de posicionarse ante a concentración...
"Difamación interesada" é a expresión que utiliza Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, para responder as acusacións da agrupación socialista ao cualificarlle de "cómplice" dos proxectos de parques eólicos na zona.
Cubela indica que o documento de alegacións do Concello, asinado polos tres responsables dos grupos municipais na corporación, contra o proxecto...
O pleno de Bueu aprobaba este mércores a moción presentada polo BNG en defensa dos montes do Morrazo, reclamando un modelo de enerxía eólica sostible. A proposta mostraba unha oposición ao espolio e á depredación por parte das empresas eólicas. A moción foi apoiada tamén polos grupos de ACB e...
O grupo socialista de Cerdedo-Cotobade denuncia que o alcalde do municipio, Jorge Cubela, pretende "nadar entre dúas augas" diante dos proxectos de parques eólicos que hai en marcha nos montes da zona.
Así, consideran que os proxectos están propiciados pola "desregulación emprendida pola Xunta de Galicia" coa lexislación aprobada dende o...
Os voceiros municipais de Cerdedo-Cotobade asinaron este venres de forma conxunta e unánime o respaldo ás alegacións que presenta o Concello ao Parque Eólico dos Cotos. Estas sinaturas súmanse as máis de 700 alegacións veciñais e de colectivos sociais que xa trasladaron á Xefatura Territorial en Pontevedra da Vicepresidencia Segunda e...
O Concello de Ponte Caldelas denuncia ante a Valedora do Pobo e o Defensor del Pueblo as "chapuzas" que se están a destapar no procedemento administrativo do Parque Eólico dos Cotos e que “semellan máis propias dunha república bananera que unha administración seria como debería ser a Xunta de Galicia”.
O...
O concelleiro de Urbanismo e tenente alcalde, Manuel Santos, trasladou este xoves o rexeitamento do goberno local con respecto á instalación dun posible parque eólico no Monte Xaxán e no Monte de San Lourenzo.
Segundo explica o concelleiro, as primeiras informacións respecto ao posible interese de crear un parque eólico nesa...
O Concello de Ponte Caldelas enviou este xoves á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación os dous informes desfavorables ó Parque Eólico dos Cotos elaborados polos técnicos municipais de Urbanismo e Medio Ambiente.
Ambos informes fan fincapé na "fragmentación intencionada do proxecto", que non inclúe a liña de...
O pleno da corporación municipal do Concello de Cerdedo-Cotobade aprobou por unanimidade unha declaración oficial de rexeitamento á instalación do Parque Eólico dos Cotos e manifestaron o apoio aos veciños, ás parroquias e ás comunidades de montes afectadas por este proxecto industrial enerxético.
Os membros da corporación aprobaron tamén enviar un...
A Plataforma 'Asieolicosnon' convocou unha concentración de protesta este sábado 29 de xaneiro diante do edificio da Xunta de Galicia en Campolongo.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, confirmou a súa participación nesta mobilización xa que entende que "ese é o lugar no que hai que manifestarse porque a Xunta de...
Centos de persoas, 400 segundo as cifras oficiais facilitadas polo Concello de Cerdedo-Cotobade, participaron este domingo na concentración convocada contra o proxecto de implantación do parque eólico dos Cotos, que afecta especialmente a este municipio e tamén ao veciño de Ponte Caldelas.
A participación resultou un éxito para os convocantes, que...
A polémica contra o Parque Eólico dos Cotos continúa entre os grupos municipais dos concellos de Ponte Caldelas e de Cerdedo-Cotobade, que protestarán este domingo 9 de xaneiro diante da casa do concello de Chan acompañados de entidades, grupos políticos e asociacións.
Sen embargo, desde Ponte Caldelas, co alcalde Andrés Díaz...
A concentración de protesta convocada este domingo en Carballedo contra o proxecto de parque eólico dos Cotos contará coa presenza da Asociación de Veciños Chan da Rotea de Ponte Caldelas así como dos grupos municipais de BNG e PP desta localidade, segundo confirmou o Concello de Cerdedo-Cotobade.
Estas organizacións súmanse á...
O proxecto de parque eólico dos Cotos, en Cerdedo-Cotobade, ou máis ben a resposta a esta iniciativa provocaron este martes unha pequena discusión entre o goberno local deste municipio co do veciño Ponte Caldelas.
Desde Cerdedo-Cotobade o seu rexedor, Jorge Cubela, remitiu por carta unha invitación ao seu homólogo caldelán, Andrés...
A vicevoceira do Partido Socialista de Galicia, Paloma Castro, acusou este luns de "mala fe" á Xunta de Galicia ao abrir o período de alegacións ao proxecto do parque eólico dos Cotos "en plenas festas de nadal".
Segundo a representante do PSdeG-PSOE "o goberno da Xunta vólvese a render novamente ás...
Os concellos de Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade mostran o seu rexeitamento ao proxecto eólico dos Cotos.
A administración que dirixe o socialista Andrés Díaz ten xa preparadas as alegacións que presentará contra esta iniciativa, mentres que o concello que goberna Jorge Cubela convocará un pleno extraordinario para mostrar o rexeitamento unánima...
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acaba de presentar ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra a comunicación previa para lograr a autorización para a mobilización veciñal convocada para o domingo 9 de xaneiro ás 12 do mediodía na Chan de Carballedo contra a posta en marcha do Parque Eólico...
O grupo parlamentario do BNG presentou unha proposición non de lei coa que pretende que o Parlamento inste á Xunta a paralizar a tramitación do parque eólico dos Cotos, en Cerdedo-Cotobade.
O Bloque tamén pide que se abra un proceso de participación e diálogo para a elaboración dunha nova planificación do...