O BNG de Marín esixe que se retome a asistencia presencial nos centros de saúde con outra manifestación

Marín
14 de xaneiro 2021

Os nacionalistas piden á Xunta que incremente a dotación económica para poder contar con máis persoal e recursos

O BNG organiza unha protesta diante do centro de saúde de Marín para esixir a volta da atención primaria presencial
O BNG organiza unha protesta diante do centro de saúde de Marín para esixir a volta da atención primaria presencial

O BNG de Marín volveu concentrarse diante do centro de saúde da vila para seguir solicitando á Xunta que se reactive a atención primaria presencial.

Nesta concentración participou o deputado parlamentario Paulo Ríos, quen lembrou a emenda presentada polo seu partido aos orzamentos da Xunta para aumentar a dotación económica e contar con maior persoal e recursos sanitarios.

A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, comentou que a Xunta reforzou a quenda de tarde do persoal administrativo grazas á mobilización veciñal que está a presionar para reclamar melloras na atención sanitaria.

Os nacionalistas presentaron un escrito dirixido á Consellería de  Sanidade para insistir na demanda social de reactivar a asistencia sanitaria primaria presencial e maior dotación de recursos para asegurar un sistema sanitario público, igualitario e de calidade.