O BNG demanda un ciclo superior de FP no IES de Vilalonga

Sanxenxo
03 de outubro 2017

A edil nacionalista agradece á Xefatura Territorial que recolla as actuacións nos centros escolares que lle demandou na súa etapa como concelleira de Educación

Pérez Ares e Sandra Fernández Agraso
Pérez Ares e Sandra Fernández Agraso / Concello de Sanxenxo

A concelleira do BNG no Concello de Sanxenxo, Sandra Fernández Agraso, valora de xeito "moi positivo" que a Xefatura Territorial de Educación, dirixida por César Ares, "manteña tódolos compromisos acadados" durante o seu periodo como concelleira de Educación e Cultura en Sanxenxo, xa que "dar continuidade a esta colaboración institucional, pola que sempre apostou o BNG, permitirá ir corrixindo algunas das carencias máis significativas dos colexios de Sanxenxo".

Neste senso Fernández Agraso recorda o "forte deterioro" que detectou nos centros educativos, resolvéndose nestes dous anos algunhas das demandas históricas en todos os centros e que tiña previsto solventar as restantes cunhas actuacións cuatrianuais que non pudo concluir trala cesión da alcaldía ao PP por parte de tres concelleiros de SAL.

Tras agradecer a colaboración prestada dende a Xefatura Territorial durante os seus escasos dous anos como concelleira, Sandra Fernández Agraso confía en que dende a administración autonómica continúen a traballar para a implantación no IES de Vilalonga dun ciclo superior de FP en Turismo.

A proposta foi presentada en febreiro deste ano 2017 pola dirección do IES Vilalonga, tras tela consensuada co Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, a dirección do centro e a Federación de ANPAs.

"A implantación dun ciclo superior de FP en Xestión de Aloxamentos Turísticos ou de Axencia de Viaxes e Xestión de Eventos suporía un importante activo para Sanxenxo", explica Sandra Fernández Agraso, que durante a súa etapa como concelleira de Educación liderou as reunión de traballo que derivaron na petición á Consellería de incrementar a formación en materia de turismo en Sanxenxo.

"Dende a área municipal de Educación traballouse moito e de xeito moi serio para facilitar que a Consellería inclúa este novo ciclo entre os que se poderán impartir no IES Vilalonga para o vindeiro curso escolar", dixo a edil.

"Gustaríame que, xunto á atención aos centros escolares locais e ó impulso ao novo centro de O Revel, se continuase a traballar nesta cuestión, xa que é necesario  diversificar a oferta formativa do IES Vilalonga e fomentar a formación de profesionais nun sector tan importante como o turismo en Sanxenxo", conclúe Fernández Agraso.