O BNG de Pontevedra ten intención de dirixir unha petición ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, para que medie e presione ao grupo luso Sonae para que reinicie a actividade productiva da fábrica de Tafisa en Ponte Caldelas.
O partido comprometeuse a facelo este venres no marco dunha reunión co comité de empresa de Tafisa na que estiveron presentes o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e os responsables comarcal e local do BNG en Pontevedra, Anxos Riveiro e Raimundo González.
O encontro desenvolveuse nun clima que dende o BNG califican de "moi cordial" e os responsables políticos ofreceron o seu apoio a todas as mobilizacións que fagan os traballadores. Ademais, tamén se lles informou de que o luns día 9, ás 12.30 horas, manterán unha reunión co grupo parlamentario do BNG.
Na reunión o alcalde pontevedrés aproveitou para informalos sobre as xestións que leva feito ata o día de hoxe, tal e como lle solicitara o propio comité de empresa.