O comité de empresa de Tafisa en Ponte Caldelas acudirá este luns ao Parlamento de Galicia para mantener sucesivas reunións con todos os grupos políticos con representación na Cámara: PPdeG, PsdeG, BNG e AGE.
Segundo informan fontes sindicais, a primeira reunión está prevista para as 11.30 horas cos representantes do PP e a partir dese sucederanse encontros co resto de grupos ao longo da mañá coa finalidade trasladarlle directamente a situación provocada pola multinacional Sonae aos traballadores ante a "decisión unilateral" de peche esgotando o ERE de temporal que estaba acordado.
Os representantes dos traballadores tamén se marcan como obxectivo recabar apoios de cara a realizar unha declaración parlamentaria, apoiada pola unanimidade dos grupos, para conseguir que Sonae manteña a produción na factoría de Ponte Caldelas e, desta forma, o emprego na comarca de Pontevedra.