O BNG pide o peche dos parques infantís de Marín polo aumento de casos de Covid-19

Marín
16 de setembro 2020

Os nacionalistas consideran necesario aplicar todas as medidas de prevención posibles e cren que nestas instalacións é complicado respectar as distancias de seguridade e evitar os contactos entre menores

Peche dos parques de Marín para frear o coronavirus Policía Local de Marín

O BNG de Marín solicita ao Concello o peche dos parques infantís do municipio despois que Sanidade incluíse a Marín entre as zonas de especial restrición pola Covid-19. Os nacionalistas consideran que nestas instalacións é difícil evitar o contacto entre menores, por iso ven necesario "tomar todas as medidas que estean ao noso alcance para evitar a propagación do virus".

"Os parques infantís son espazos no que resulta complicado controlar a distancia ou o conctacto directo entre nenos", sostén a portavoz do grupo municipal do Bloque en Marían, Lucía Santos.

Así mesmo, realizan un chamamento á cidadanía para pedir responsabilidade e un estrito cumprimento das normas de prevención e hixiene.