O Camiño Pateira estrea nova imaxe tras a súa reforma integral

Poio
26 de abril 2018

As obras de renovación integral do Camiño Pateira, en San Salvador, están practicamente rematadas, segundo avanza o goberno municipal de Poio. A concelleira de Obras, Chelo Besada, visitou este xoves a zona para revisar o resultado duns traballos nos que se investiron 147.000 euros do Plan Concellos da Deputación

Obras de reforma no Camiño Pateira Concello de Poio

As obras de renovación integral do Camiño Pateira, en San Salvador, están practicamente rematadas, segundo avanza o goberno municipal de Poio.

A concelleira de Obras, Chelo Besada, visitou este xoves a zona para revisar o resultado duns traballos nos que se investiron 147.000 euros do Plan Concellos da Deputación.

As obras de urbanización e mellora, realizadas pola empresa EC Casas, consistiron na renovación integral dos servizos, coa separación das canalizacións de augas pluviais e residuais, e o seu pavimentado.

Agora, sinalou Besada, esta rúa conta con un novo sistema de alumeado público mellor e máis eficiente e con un consumo 60% menor ao anterior.