O campo de fútbol de Salcedo, unha obra que non ve a luz: "É imposible que se poida utilizar na tempada 2022-23"

Pontevedra
17 de xullo 2022

Cedidos pola Mancomunidade de Montes ao Concello en 2020, despois de dous anos "a parcela segue exactamente igual que entón a pesar do compromiso por parte da Concellería de Deportes de que para a próxima tempada as instalacións xa estarían dispoñibles"

Pablo González visita os terreos onde se vai construír o campo de fútbol de Salcedo
Pablo González visita os terreos onde se vai construír o campo de fútbol de Salcedo /

"É imposible que o campo se poida utilizar esta tempada 2022/23". Así de rotundas foron as palabras do concelleiro do Partido Popular de Pontevedra Pablo Fernández despois de visitar os terreos onde se vai a contruir o campo de fútbol de Salcedo.

Cedidos pola Mancomunidade de Montes ao Concello en 2020, despois de dous anos "a parcela segue exactamente igual que entón a pesar do compromiso por parte da Concellería de Deportes de que para a próxima tempada as instalacións xa estarían dispoñibles".

Para Fernández, "é imposible que o campo se poida utilizar na tempada 2022-23, algo que implicaría que os clubs xa puidesen utilizar o campo en agosto, cando levan a cabo a pretemporada". O concelleiro é firme coa posición xa que "ao campo aínda non chega nin a electricidade nin se iniciaron os trámites para poñela en marcha".

"Se xa é algo habitual o atraso das obras realizadas polo Concello de Pontevedra, é completamente ilóxico que aínda non se iniciasen os trámites para que haxa corrente eléctrica nesta instalación", sostén. "Xa non sorprende que unha obra municipal acumule atraso".

Por mor destes atrasos, o popular urxe ao Concello a "iniciar os trámites correspondentes para que os veciños teñan o seu campo canto antes".