Marín está a renovar toda a súa sinalización turística co obxectivo de mellorar a imaxe que se lle traslada aos visitantes que chegan ao municipio. E dentro deste plan, o Concello ten xa deseñadas as sinais que se colocarán nas entradas e saídas da vila.
A imaxe elixida para a entrada forma parte do casco antigo e a imaxe de saída é a dos petróglifos de Mogor, sinal de identidade e do patrimonio arqueolóxico marinense.
Nos últimos días, procedeuse á realización das obras necesarias para levar a cabo a súa colocación destes sinais coa maior brevidade.
Esta actuación, enmarcada dentro do plan de sinalización turística, pretende mellorar a imaxe de cara aos turistas e de cara a renovación dalgunhas das existentes que se atopan en moi mal estado.