O Centro Comercial Urbano dinamizará a zona monumental con diversas actividades

Pontevedra
22 de decembro 2014

O Centro Comercial Urbano Zona Monumental (CCUZM) segue traballando para dinamizar o centro histórico pontevedra con diversas actividades

Acendido da iluminación do Nadal na praza da Ferrería
Acendido da iluminación do Nadal na praza da Ferrería / Mónica Patxot

O Centro Comercial Urbano Zona Monumental (CCUZM) segue traballando para dinamizar o centro histórico de Pontevedra con diversas actividades.

Dende o 5 de decembro xa está acendida a iluminación decorativa das rúas e prazas.

Igualmente está en marcha ata o 5 de xaneiro Pontenadal 2014, a Feira de artesanía e regalo, na Praza do Teucro e con horario de 11 horas a 14 e de 17 horas a 22.

Para este martes 23 e o luns 29 a partir das 11 da mañá, en distintas rúas e prazas, entregásese a todos os clientes un regalo do 25 aniversario do CCUZM (ata esgotar existencias).

Ademais Papa Noel percorrerá a Zona Monumental, entregando caramelos aos máis pequenos. Será o martes 23 en horario de 18 a 20 horas e o mércores 24 en horario de 11 a 13 horas.

Tamén haberá animación na rúa o martes 30, de 18 a 20 horas.

E o luns 5 de xaneiro terá lugar a recepcion oficial ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente, no Pazo de Mugartegui a partir das 11 horas.

O CCUZM participará na Cabalgata de Reis cunha carroza.