O centro de formación da Ran ofrece dous cursos para mellorar a inserción laboral en Cuntis

Umia
17 de setembro 2021

O alcalde Manuel Campos apuntou que se trata dunha mostra do Concello por manter "un servizo esencial" para os veciños

Centro de formación do polígono industrial de A Ran, en Cuntis Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis recibiu unha subvención de 108.000 euros da Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Traballo e Economía Social para o desenvolvemento de dous cursos no centro de formación da Ran relacionados coa atención sociosanitaría a persoas dependentes e institucións sociais e con actividades auxiliares en conservación e mellora dos montes.

Estas actividades formaticas impartiranse de forma presencial no centro de formación ocupacional do polígono da Ran.

Desde o Concello ven nestas iniciativas unha oportunidade para que os veciños do municipio poidan mellorar a súa inserción laboral 

Neste sentido, o alcalde Manuel Campos manifesta que a xestión destas axudas demostran o interese do grupo de goberno por manter un servizo esencial para os veciños e unha "aposta pola formación e o traballo continuo" desde este centro de formación.