Os festivos locais, a reforma da Rúa do Convento e o ANPA O Baño, temas a tratar no pleno municipal de Cuntis

Umia
01 de outubro 2021

Cuntis decidiu no pleno municipal celebrado este xoves que os festivos locais para 2022 serán o 11 de xullo (San Bieito) e o 17 de agosto (Día do Carme). Tamén falaron da reforma da Rúa  o Convento, a rebaixa do prezo da luz e o apoio ás demandas do ANPA O Baño

Rúa do Convento
Rúa do Convento / Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis decidiu no pleno celebrado este xoves os festivos locais do ano 2022. Coa votación a favor do PSOE e do PP e a abstención de Veciñanza, estableceron o 11 de xullo (San Bieito) e o 17 de agosto (Día do Carme).

Ademais dese tema, tamén trataron a moción do grupo Veciñanza para a reforma e humanización da Rúa do Convento, onde tódolos grupos políticos votaron a favor de instar a administración autonómica a acometer os traballos precisos para comezar con esta reforma.

A rebaixa do prezo da luz foi outro dos temas a tratar, neste caso pola moción presentada polo Partido Popular. Neste caso, o Partido Socialista negouse debido a que o alcalde comentou que era "preciso deixar claro que estas medidas de regulación do mercado eléctrico eran obra do PP ante o que o PSOE tivo que intervir para rebaixar o IVE", polo que, parecíalle "un absurdo que este partido fose en contra dunha medida que eles mesmos implantaran".

Finalmente, tódolos partidos votaron a favor a moción do Grupo Veciñanza con respecto ao apoio das demandas da ANPA O Baño en defensa do ensino público e de calidade en Cuntis. Ademais instan á Consellería de Educación a que replantee a súa posición con respecto a este tema. Manuel Campos, alcalde de Cuntis, comentou neste caso que se trata de "outro recorte máis de servizos públicos á veciñanza de Cuntis por parte da administración pública, ante o que todos os partidos se opoñen".