O ceo concede unha tregua e permite a saída da procesión da confraría do Mayor Dolor

Pontevedra
29 de marzo 2018

A comitiva iniciouse minutos antes das 21.00 horas, para tentar evitar as precipitacións durante o traxecto. Neste Xoves Santo, se a meteoroloxía o permite, vai celebrarse a tradicional procesión dos Pasos, a partir das 20.00 horas polo centro histórico

Procesión do Mércores Santo: confraría de Nuestra Señora del Mayor Dolor
Procesión do Mércores Santo: confraría de Nuestra Señora del Mayor Dolor /

A incerteza marcou toda a xornada deste Mércores Santo para as integrantes da confraría de Nuestra Madre del Mayor Dolor. Esta agrupación era a encargada da organización da procesión da Santísima Virxe da Soidade e Xesús Nazareno coa Cruz ao lombo prevista para que saíse ás 21.00 horas da Basílica de Santa María. Ante a inestabilidade meteorolóxica, decidiron iniciar antes a comitiva. Algúns dos integrantes das confrarías que participaron camiñaron descalzos, a pesar de que o chan estaba húmido das choivas caídas durante as últimas horas.

O  recorrrido realizouse polo centro histórico pasando pola Rúa Real, a praza de Curros Enríquez e Don Filiberto ata volver recollerse na basílica. Como é tradicional, as mulleres da confraría visten roupas negras con manto e peite acompañando á talla.

Na noite deste Mércores Santo, o grupo Arume ofrecía a interpretación de 'La Pasión' na igrexa de San Bartolomé. Segundo o director desta agrupación, trátase da última que realizan en Pontevedra debido á falta de apoio  instititucional e privado.

XOVES SANTO

Durante este Xoves Santo, se as condicións meteorolóxicas permíteno, está previsto que leve a cabo a procesión dos Pasos, unha das citas importantes da Semana Santa pontevedresa coa presenza das confrarías de Nuestra Señora del Mayor Dolor; de Nuestra Señora del Amor Hermoso, do Silencio; do Corpo Santo; do Espíritu Santo; de Nuestro Padre Jesús con la Cruz a cuestas e coa da Vera-Cruz y Misericordia. Todas elas acompañarán as imaxes do Paso da Cea; da Oración no Horto e o bico de Xudas; a de Xesús Cativo e Paso da Flaxelación; a de Xesús atado á columna; a do Ecce Homo e a da Cruz ao lombo para rematar coa do Santísimo Cristo da Expiración e Virxe da Soidade.

Está previsto que parta ás 20.00 horas da Basílica de Santa María e realizará un percorrido pola Michelena ata a rúa Sarmiento, Curros Enríquez e de novo,  finalzaría na avenida de Santa María.