O chapapote chega ao Camiño de Aniñada

Marín
13 de febreiro 2015

Dentro do Plan de Mellora de camiños emprendido polo Concello de Marín nas distintas parroquias do rural iniciouse unha primeira actuación na Aniñada en Mogor

Asfaltado do Camiño da Aniñada
Asfaltado do Camiño da Aniñada / Concello de Marín

Dentro do Plan de Mellora de camiños emprendido polo Concello de Marín nas distintas parroquias do rural iniciouse unha primeira actuación na Aniñada en Mogor.

O equipo de goberno está a executar esta actuación a través do Plan de financiamento de investimentos que subvenciona integramente a Deputación de Pontevedra.

A empresa E.C.Casas é a adxudicataria da licitación realizada e xa iniciou os seus traballos.

Os veciños levaban tempo solicitando esta mellora nun camiño que necesitaba unha reparación urxente. O acondicionamento destes foi levado a cabo observándose unha gran mellora.