O Círculo de Empresarios de Galicia amosa a súa preocupación polo futuro incerto de ENCE na ría

Pontevedra
19 de xullo 2021

A xunta directiva desta asociación demanda seguridade xurídica para as empresas e alerta sobre a desindustrialización de Galicia. O Círculo ve con escepticismo a posibilidade de que mediante a utilización dos Fondos Europeos se poia abordar o traslado da fábrica a outro lugar

Sede do Círculo de Empresarios de Galicia
Sede do Círculo de Empresarios de Galicia

A reunión que mantiña este luns a xunta directiva do Círculo de Empresarios de Galicia centrouse na análise da resolución da Audiencia Nacional que anula a prórroga da concesión á empresa papeleira Ence.

A conclusión dos integrantes desta asociación é que resulta preocupante a sentenza polos "riscos para a economía da provincia e para Galicia" que tería un posible peche da factoría. Sinalan que non se trata só do emprego directo e indirecto que depende da fábrica pasteira senón tamén doutros sectores como o forestal, transportes e servizos anexos.

Círculo sinala que un peche sería vital para a economía pontevedresa dentro dun proceso "preocupante e desalentador" de desindustrialización que, segundo sinalan, sofre Galicia cos casos de Alcoa, os estaleiros Barreiras e Vulcano, ou de Endesa, Naturgy e Gamesa. Alertan tamén da inseguridade xurídica e da dificultade burocrática á que se enfrontan as empresas en España.

Coinciden co vicepresidente e conselleiro de Economía, Francisco Conde, en que a sentenza sobre a prórroga de Ence é un "golpe irreversible para Galicia", pero desmárcanse do representante da Xunta en relación aos fondos europeos. A xunta directiva do Círculo ve con escepticismo a posibilidade de que mediante a utilización dos fondos europeos poida abordarse o traslado da fábrica a outro lugar en Galicia.

Entenden que as axudas económicas europeas deben destinarse a "potenciar investimentos de nova xeración e non a cubrir a industria instalada e inviable como consecuencia de actuacións administrativas irresponsables que perseguían o peche da devandita factoría". 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en