O club da calceta reúnese na Oliva

Pontevedra
14 de xuño 2018

Unhas 60 persoas participaron este xoves na celebración do Día da Calceta en Público nun encontro que tivo lugar nas galerías da Oliva. É a sexta ocasión na que se desenvolve este evento

Celebración do Día da Calceta en Público Mónica Patxot

Unhas 60 persoas participaron este xoves na celebración do Día da Calceta en Público nun encontro que tivo lugar nas galerías da Oliva. É a sexta ocasión na que se desenvolve este evento.

Foi unha ocasión para que as "laneiras" compartisen trucos, ideas, revistas e ata vídeos de YouTube sobre costura e manualidades.

As persoas afeccionadas aseguran que calcetar implica grandes beneficios para quen o practica, desde as recompensas emocionais ata a relaxación ou a mellora da coordinación, e engaden que estimula o cerebro e fomenta a sustentabilidade.

Tamén presumen que cada vez máis mocidade se anima con esta técnica.