O Club Tenis de Mesa Monte Porreiro, Carmen Quinteiro, Nené, Anxo González Guerra e Vitoria Ogando optan aos Cidade de Pontevedra

Pontevedra
06 de xaneiro 2022

O Concello de Pontevedra pechou o pasado mércores, 5 de Xaneiro, o rexistro para presentar candidaturas aos Premios Cidade de Pontevedra 2021, aspirantes a ser recoñecidos polo seu labor durante o último ano tanto no apartado de persoas físicas como xurídicas

Vitoria Ogando e Anxo González, colaboradores de Aulas Galegas Mónica Patxot

Este mércores 5 pechábase o rexistro para presentar as candidaturas aos Premios  Cidade de Pontevedra 2021, un galardón que recoñece o labor que durante o último ano realizou unha persoa física ou unha xurídica para proxectar ao municipio de Pontevedra.

As catro  propostas para este ano divídense en tres presentadas para persoa física e unha para persoa xurídica. Desta forma para persoas físicas, as candidaturas son as seguintes:

- Carmen Quinteiro Moreno, mestra no CEIP A Xunqueira. A proposta foi realizada polo ANPA Celso Emilio Ferreiro ao ser considerada cuarta mellor mestra nos IV Premios Educa Abanca.

- Leonor González Prieto "Nené", xubilada e activista en defensa da ría, que recentemente se converteu no fío condutor do programa 'Salvados' sobre a factoría de Ence en Lourizán. Un grupo de particulares presentaba esta opción.

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel, catedráticos e profesores xubilados de Lingua  Galega e Literatura, que desenvolven a páxina web ogalego.eu, que en 2021 contaba con máis de medio millón de visitas. A súa candidatura tamén foi presentada por diversas entidades, entre elas varios institutos da cidade.

No apartado de persoas xurídicas, a única candidatura presentada foi:

- Club Tenis de Mesa Monte Porreiro, promovida pola empresa Fisioterapia Pontevedra S.L.

A reunión do xurado será o vindeiro xoves 13 de xaneiro. Os galardóns entregaranse nun pleno extraordinario de honra que se desenvolverá o 20 de xaneiro, aproveitando a festa de San Sebastián. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora