O comercio de Marín converterá o 'black friday' nunha feira de oportunidades

Marín
17 de outubro 2022

Marín Black Weekend. Así se vai a denominar a nova feira de oportunidades que o comercio local do municipio organizará os días 25, 26 e 27 de novembro, coincidindo cunhas datas nas que se aplican descontos e promocións, motivadas polo "Black Friday" e o "Ciber Monday"

Asistentes á oitava edición da feira de oportunidades SaldoMarín Diego Torrado

Marín Black Weekend. Así se vai a denominar a nova feira de oportunidades que o comercio local do municipio organizará os días 25, 26 e 27 de novembro, coincidindo cunhas datas nas que se aplican descontos e promocións, motivadas polo "Black Friday" e o "Ciber Monday".

Este foi un dos acordos adoptados na xuntanza que a mesa local de comercio de Marín mantivo este luns, presidida pola alcaldesa da vila, María Ramallo.

Os comerciantes defenden a organización da feira ante a situación actual do mercado que, entre a inflación, a crise enerxética ou a subida de materias primas, provocou un retraemento no consumo e a acumulación de stocks nos establecementos comerciais.

Serán dezaseis os comercios que participen nesta feira, que estará aberta ao público na carpa que instalará o Concello na Alameda, e que se utilizará posteriormente con motivo das actividades infantís do Nadal.

Alí estarán representados diferentes sectores, que ofrecerán descontos significativos nos seus productos.

Ademais, a mesa local de comercio informou favorablemente sobre o proxecto de dinamización que a asociación de comerciantes da Praza de Abastos de Marín presentou á convocatoria da Xunta para o impulso da Rede de Mercados Excelentes de Galicia.