As 33 persoas que integran o Comité Executivo do PP de Sanxenxo apoiaron a Telmo Martín para que volva converterse en candidato ás próximas eleccións municipais do 28 de maio.
Será a quinta ocasión en que o actual alcalde aspire a renovar mandato e presidir a corporación municipal, despois de vencer nas catro ocasiones anteriores en que se presentou en Sanxenxo.
Na súa intervención, Martín destacou que a Sanxenxo seguiralle indo ben mentres teña un "goberno traballador, coas ideas claras e que nunca se conforma".
Luís López, presidente provincial dos populares, asegurou que Telmo Martín é un "alcalde de referencia, un valor seguro, un gran activo do Partido e unha garantía de éxito". Lembrou que os populares teñen un só inimigo "pero é perigoso" e pediu aos integrantes do Comité Executivo que non se confíen para a próxima cita coas urnas.