O Concello confía en ter un borrador da ordenanza de mobilidade en setembro

Pontevedra
17 de xullo 2018

O goberno municipal comezou a manter contactos con diferentes colectivos para confeccionar un primeiro borrador da ordenanza que se pretende aprobar en materia de mobilidade. Así, a Casa da Luz acolleu este luns un primeiro encontro sectorial

Xuntanza para consensuar a ordenanza de mobilidade
Xuntanza para consensuar a ordenanza de mobilidade / Mónica Patxot

O goberno municipal comezou a manter contactos con diferentes colectivos para confeccionar un primeiro borrador da ordenanza que se pretende aprobar en materia de mobilidade. Así, a Casa da Luz acolleu este luns un primeiro encontro sectorial.

A el, entre outros, ademais dos partidos políticos con representación na corporación municipal, participaron asociacións e colectivos como a Federación Castelao ou  Pedaladas.

César Mosquera, responsable político desta ordenanza, explicou que a ordenanza foi encargada a un estudo técnico e que confía en que o borrador poida estar dispoñible a principios de setembro. Iso si, recoñeceu que non será fácil que poida ser aprobada antes de que finalice o actual mandato.

Conxugar as diferentes posturas dos colectivos consultados, en todo caso, obrigará a un arduo traballo de estudo e análise das propostas presentadas.

Entre outras cuestións, na reunión analizouse a efectividade dos  lombos como medida de acougado de tráfico e o estudo de medidas alternativas, a posibilidade de implantar o transporte público en autobús na cidade, a creación de carrís bici ou a convivencia cos ciclistas en áreas peonís.