O Goberno local de Marín coincide cos veciños de Cantodarea na urxente necesidade de reformar cale Concepción Arenal porque na actualidade o alto volume de tráfico e o uso do transporte urbano é incompatible coa mobilidade peonil segura.
Os residentes na zona trasladaron ao concello as súas propostas para a humanización desta rúa, algunhas das cales afectaban o municipio de Pontevedra como deixar o viario en sentido único, opción que se descartou.
Acordouse reducir as zonas de aparcadoiro para poder ampliar as beirarrúas, propoñendo os veciños ao concello que busque alternativas de estacionamento disuasorio negociando con particulares.