O Concello de Cerdedo-Cotobade iniciará obras na parroquia de Aguasantas

Cerdedo Cotobade
23 de febreiro 2018

O proxecto está financiado pola Consellería de Infraestruturas e conta cun orzamento de 15.000 euros. Os cambios afectarán ás beirarrúas situadas no lateral anexo á alameda

Jorge Cubela e dous traballadores en la parroquia de Aguasantas
Jorge Cubela e dous traballadores en la parroquia de Aguasantas

O Concello de Cerdedo-Cotobade iniciará obras nas beirarrúas situadas no lateral anexo á alameda de Aguasantas como medida para impulsar o seu proxecto de humanización da parroquia.

A actuación está financiada na súa totalidade pola Consellería de Infraestruturas, e conta cun orzamento de 15.000 euros. Jorge Cubela, presidente municipal, solicitou estas medidas fai catro semanas á titular autonómica Ethel Vázquez na súa visita ao municipio con motivo do inicio dos traballos de mellora do tramo da PO-234 entre a parroquia e Ponte Caldelas.

As beirarrúas renovaranse cambiando actuais plaquetas hidráulicas situadas na marxe anexa ao muro da alameda, moitas delas deterioradas. Estímase que as tarefas finalizarán nun prazo dun mes, e comezarán a desenvolverse en marzo.

Foron os veciños os que trasladaron a petición ao Concello, que poñerá en marcha o proxecto como medida para favorecer o tránsito dos peóns, ademais de achegarlle máis valor estético á zona. En total foron un millón de euros investidos na contorna de Aguasantas e Valongo