O Concello de Marín reparará as deficiencias do parque infantil da Alameda

Marín
11 de marzo 2023

O Concello de Marín investirá cerca de 17.000 para reparar a cuberta de céspede artificial do parque infantil da Alameda, un dos máis céntricos e utilizados do municipio e que agora presenta algunhas deficiencias debido ao seu uso  

Parque da Alameda de Marín
Parque da Alameda de Marín / Concello de Marín

O Concello de Marín investirá cerca de 17.000 para reparar a cuberta de céspede artificial do parque infantil da Alameda, un dos máis céntricos e utilizados do municipio e que agora presenta algunhas deficiencias debido ao seu uso.

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, informou de que xa están contratados estes traballos e se iniciarán "na maior brevidade posible". Acuña indicou que será "probablemente a partir da próxima semana, o que poderá supor, de xeito puntual, o peche destas instalacións de ocio.

Finalmente, desde o Concello destacan que "é preciso levar adiante actuacións máis integrais para garantir que se teñan nas mellores condicións posibles estes espazos, usados ademais polos máis pequenos da vila e, polo tanto, pola poboación máis vulnerable".