O Concello de Marín retira as madeiras en mal estado da Finca de Briz

Marín
10 de setembro 2019

A actuación consistiu na substitución da madeira existente por formigón, xa que os listóns estaban en moi mal estado e suponian un perigo para as persoas que paseaban pola zona

Melloras na Finca de Briz en Marín Concello de Marín

A Concellería de Medio Ambiente está a piques de rematar a mellora das vías de paso da zona do auditorio da Finca de Briz.

A actuación consistiu na substitución da madeira existente por formigón, xa que os listóns estaban en moi mal estado e suponian un perigo para as persoas que paseaban pola zona e que acudían a gozar das actividades que se desenvolven no auditorio.

Co fin de evitar males maiores e de mellorar a imaxe xeral da contorna, a Concellería decidiu levar a cabo esta actuación, complementándose con outras pequenas medidas de mantemento que permitan deixar preparado o parque, escenario de moitas actividades lúdicas e culturais que empezarán nas próximas semanas