O Concello de Poio lembra á veciñanza que pode aprazar o pago dos recibos do lixo e da auga

Poio
11 de xuño 2020

O Goberno local de Poio lembra que, con motivo do estado de alarma, ademais da pertinente conxelación de varios impostos, o Concello ofrece a posibilidade de aprazar pagamentos, e realizalos de xeito fraccionado, ata en seis meses

Concello de Poio PontevedraViva

O Goberno local de Poio lembra que, con motivo do estado de alarma, ademais da pertinente conxelación de varios impostos, o Concello ofrece a posibilidade de aprazar pagamentos, e realizalos de xeito fraccionado, ata en seis meses. É dicir, as persoas que teñan domiciliado ese recibo, poden devolvelo e acudir ao Consistorio, onde se lles asesorará debidamente dos pasos a dar para solicitar o aprazamento e o fraccionamento, en caso de que así o consideren.

Aqueles veciños que adoiten a realizar o pago no propio Concello, poden preguntar polo tema do aprazamento.

Estes días están chegando os recibos a veciñanza que ten a opción de asumilos se así o considera, ou ben poden fraccionar e aprazar, devolvendo o recibo e acudindo ao Concello a realizar a solicitude.

Os pagos de prestacións como abastecemento ou saneamento quedaron en suspenso coa entrada en vigor do estado de alarma e o Concello habilitou unha liña de aprazamento para o pago destes recibos, que se prolongará ata os seis meses, sen ningún tipo de custe ou recargo adicional.

Aqueles cidadáns que opten por descartar este fraccionamento contarán cun mes a maiores para realizar o cobro.