O Concello de Poio pide colaboración cidadá para mellorar a súa administración electrónica

Poio
20 de agosto 2020

O pleno do Concello votará o vindeiro martes a aprobación dunha ordenanza para regular a administración electrónica municipal

Tramitación electrónica dunha factura
Tramitación electrónica dunha factura / Administración electrónica

O pleno do Concello de Poio abordará na súa próxima sesión, prevista para o martes 25 de agosto, o proxecto de ordenanza para regular a administración electrónica. Na proposta incluirase a mellora da eficiencia dos servizos públicos municipais a través da vía  online. Unha iniciativa para a que o goberno local solicita a colaboración cidadá, que dispoñerá dun prazo de vinte días para achegar suxerencias sobre novas xestións ou o funcionamento destas ferramentas.

A estrutura deste documento consta de 38 artigos nos que se detallan os obxectivos da ordenanza así como o seu ámbito de aplicación e os detalles de funcionamento da sede e dos servizos electrónicos prestados á cidadanía.

"Desde o Concello seguimos a traballar para continuar mellorando en transparencia e participación”, comenta a  concelleira de Participación  Veciñal, Silvia Díaz, quen fai un chamamento para que a poboación participe neste proceso. "A implicación de veciños, veciñas, asociacións e demais axentes sociais de Poio é imprescindible para continuar avanzando no desenvolvemento dunha ferramenta eficaz e consensuada", remarca.