O Concello de Ponte Caldelas presenta ao sector local a web que facilitará o comercio electrónico

Ponte Caldelas
19 de agosto 2020

Ao redor de cincuenta persoas acudían á convocatoria para coñecer o funcionamento que terá esta web, así como as posibilidades que ofrecerá aos establecementos, empresas e autónomos asociados

Presentación da web de comercio online que se habilitará en Ponte Caldelas
Presentación da web de comercio online que se habilitará en Ponte Caldelas /

O Concello de Ponte Caldelas presentou este mércores ao sector comercial do municipio a páxina web que pretende fomentar o comercio online. Unha iniciativa na que a administración local traballa en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Ponte Caldelas.

Ao redor de cincuenta persoas acudían á convocatoria para coñecer o funcionamento que terá esta web, así como as posibilidades que ofrecerá aos establecementos, empresas e autónomos asociados.

"Internet é o escaparate no que teñen que estar todos os comercios de Ponte Caldelas" instaba o alcalde, Andrés Díaz, engadindo que é importante "adaptarse ás novas tecnoloxías despois de coñecer de preto o que supón un peche prolongado dos establecementos".

Unha vez que poña en funcionamento a páxina, aínda sen determinar, prevese que se ofrezan promocións de lanzamento para os usuarios.