O Concello de Pontevedra presenta aos colectivos veciñais e ao CES os orzamentos do 2021

Pontevedra
29 de decembro 2020

As contas estarán divididas en dúas fases, a primeira que supera os 80 millóns; e a segunda, que chegará no mes de abril, con 20 millóns procedentes dos remanentes do 2020

Presentación dos orzamentos do 2021 do Concello ás federacións vecinais de Pontevedra
Presentación dos orzamentos do 2021 do Concello ás federacións vecinais de Pontevedra / Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra iniciou este martes o proceso de participación dos orzamentos municipais do 2021 coas federacións veciñais Castelao e Teucro. Unha serie que continuou pola tarde coa reunión do Consello Económico Social, no que están representadas as entidades empresariais, sociais e políticas do municipio.

O concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González, acompañado pola portavoz do goberno local, Anabel Gulías, expuxeron as liñas básicas do orzamento para o próximo ano.

Explicaron que se fará un orzamento en dúas fases co obxectivo de iniciar a recuperación económica post- covid. A primeira corresponde ao documento que se lle presentaba este martes, que supera os 80 millóns de euros; e a segunda chegará sobre o mes de abril, cando se incorporen os remanentes de tesourería liquidados das contas do 2020, uns 20 millóns de euros.

Respecto diso da reunión veciñal, o Concello quedou comprometido a volver reunirse na segunda quincena de febreiro para abordar outras demandas concretas que se poderán incorporar á segunda fase do documento.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora