O Concello de Sanxenxo atrasa o inicio das obras da rúa Progreso

Sanxenxo
17 de decembro 2018

Segundo informaron desde o executivo local, tomouse esta decisión para non prexudicar a actividade comercial dos máis de 80 negocios que hai na rúa

Rúa Progreso, Sanxenxo Concello de Sanxenxo

O goberno local do Concello de Sanxenxo acordou con Covsa, a empresa adxudicataria, adiar o inicio das obras da rúa Progreso ata despois de Reis.

Segundo informaron desde o executivo local, tomouse esta decisión para non prexudicar a actividade comercial dos máis de 80 negocios que hai na rúa. O Nadal é o período do ano no que máis compras realizamos os veciños e os visitantes e non parecía convinte iniciar uns traballos que prexudicarán as vendas nestas datas.

O atraso que se acumule nestes días poderá recuperarse nos meses posteriores, de maneira que o goberno e a empresa están convencidos que a rúa estará rematada ao comezo da tempada alta tal e como estaba previsto cando se adxudicou.