O concello distribuirá 8.000 composteiros entre as vivendas unifamiliares con horta

Pontevedra
11 de setembro 2017

A xunta de goberno do Concello de Pontevedra aprobou este luns o expediente de contratación para a subministración de 8.000 composteros individuais. O importe do contrato é de 842.160 euros, é dicir, sae cada compostero a 87 euros máis IVE

Colector de lixo orgánico
Colector de lixo orgánico / Mónica Patxot

A xunta de goberno do Concello de Pontevedra aprobou este luns o expediente de contratación para a subministración de 8.000 composteiros individuais. O importe do contrato é de 842.160 euros, é dicir, sae cada composteiro a 87 euros máis IVE.

"Trátase de dotar de composteiros individuais a todas as vivendas unifamiliares, urbanas ou do rural, que teñan unha pequena horta", sinalou o portavoz do goberno local, Raimundo González.

O prazo máximo de prestación desta subministración é de dous anos, isto quere dicir que unha vez que se adxudique empeza a repartición dos composteiros a medida que se lle vaian pedindo. O contrato acabarase no momento no que se distribúan todos os 8.000 composteiros.

Esta distribución farase "parroquia por parroquia, casa por casa" e entregaráselles un a un aos veciños, que tamén recibirán unha explicación coas instrucións necesarias para o seu uso. Unha vez que estean en funcionamento haberá un seguimento posterior para controlar que a súa utilización está a ser correcta.

"Esta é unha aposta moi importante para que todos os veciños do rural poidan facer o seu propio compost", afirmou Raimundo González sobre esta "xeneralización deste servizo".

O seguinte paso será a desaparición do colector de orgánicos ao entender que "a recollida de orgánicos evidentemente alí onde non haxa produtor non será necesaria" xa que "estariamos a duplicar ou servizo".

A previsión do goberno local é que este contrato estea adxudicado a inicios do próximo ano e póidase empezar o despregamento. Mentres tanto xa se está deseñando a programación desta repartición con colectivos veciñais.