O Concello encarga un estudo para detectar zonas tensionadas do mercado de alugueiro na cidade

Pontevedra
23 de novembro 2023

Na Lei de Vivenda denomínanse como zonas tensionadas aquelas áreas de grandes cidades nas que o custo do alugueiro ou a hipoteca superan o 30% dos ingresos medios das familias desa zona. Tamén se aplica a aquelas áreas nas que o alugueiro subiu un 5% respecto ao Índice de Prezos ao Consumo (IPC) no últimos cinco anos

Escaparate dunha inmobiliaria
Escaparate dunha inmobiliaria / Cristina Saiz

O Concello de Pontevedra encargou un estudo da situación actual dos alugueiros a cidade.

Segundo informou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a Xunta de Goberno celebrada este xoves encargou este estudo despois de que a Xunta dese marcha atrás e expuxese declarar zonas de mercado residencial tensionado de alugueiro.

Ata agora o executivo autonómico consideraba "contraproducentes" estas medidas da Lei de Vivenda impulsada polo Goberno central. A Consellería de Medio Ambiente decidiu regular a declaración de zonas tensionadas tras a solicitude realizada polo Concello da Coruña que pediu poñer límites aos alugueiros en todo o seu termo municipal e "ante o posible interese doutros municipios".

"Adiantámonos á posibilidade de que haxa que declara algunha zona tensionada en Pontevedra tamén", apuntou o alcalde para xustificar este estudo.

Na Lei de Vivenda denomínanse como zonas tensionadas aquelas áreas de grandes cidades nas que o custo do alugueiro ou a hipoteca superan o 30% dos ingresos medios das familias desa zona. Tamén se aplica a aquelas áreas nas que o alugueiro subiu un 5% respecto ao Índice de Prezos ao Consumo (IPC) no últimos cinco anos. 

Cando un municipio declara unha área determinada como zona tensionada, debe ser por un máximo de tres anos, coa posibilidade dunha prórroga anual se continúan as condicións polas que se tomou esta decisión.

Nas zonas tensionadas procederase a un control dos prezos do alugueiro fixando topes por parte da Xunta e a pedimento dos concellos e adoptaranse medidas que permitan corrixir o desequilibrio dos prezos de alugueiro durante os tres anos de vixencia.

Son os concellos os que solicitan esa declaración de áreas tensionadas ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e para iso deberán xustificar a súa petición con estudos da distribución espacial da poboación e fogares, da súa estrutura dinámica, así como a zonificación por oferta, prezos e tipos de vivendas, que é o que acaba de encargar o Concello de Pontevedra, segundo explicou Miguel Anxo Fernández Lores.