O Concello rexeita os pasos soterrados para coches e peóns que Fomento propón en Praceres

Pontevedra
18 de abril 2013

Por unanimidade dos tres grupos municipais, a comisión de Infraestruturas decidiu rexeitar a proposta de Fomento para suprimir os pasos a nivel do tren a Marín. O PP tamén solicitou a elaboración de alternativas por parte do goberno local

O Concello decidiu rexeitar na comisión de infraestruturas por unanimidade dos tres grupos municipais o proxecto presentado polo Ministerio de Fomento para habilitar dous pasos subterráneos para viandantes e coches baixo as vías do tren a Marín á altura de Praceres.

Segundo o concelleiro César Mosquera, rexéitase esa proposta de Fomento e reclámase, amparándose no escrito de alegacións que xa asinou a alcaldía en xullo de 1999, que se modifique o trazado do tren. O concelleiro nacionalista indicou que "isto é unha actuación que está mal e a xustiza debe ter un espíritu para mellorar as cousas e non para empeoralas".

Pola súa parte, o voceiro na comisión do PP, Ricardo Aguilar, indicou que o servizo ferroviario é necesario e preciso pero "la solución planteada por Fomento no nos gusta". Os populares sinalaron que o Porto necesita a vía férrea e que "es necesario buscar alternativas y si no hay otra queremos que quede claro que no nos gusta".

O proxecto de Fomento contempla o paso do tren en superficie pola praza e a creación de dous túneles subterráneos para viandantes e vehículos entre a zona do Cabo e a avenida de Monteiro Ríos