O Consello Económico e Social analiza o borrador dos orzamentos municipais

Pontevedra
10 de novembro 2016

O borrador dos orzamentos municipais para o próximo ano foi analizado este mércores polo Consello Económico e Social que tamén estudou a recente concesión dos fondos europeos para o programa DUSI "Máis Modelo Pontevedra"

Consello Económico e Social
Consello Económico e Social / Monica Patxot

O borrador dos orzamentos municipais para o próximo ano foi analizado este mércores polo Consello Económico e Social que tamén estudou a recente concesión dos fondos europeos para o programa DUSI "Máis Modelo Pontevedra". 

Este órgano consultivo está integrado polos grupos municipais, sindicatos, empresarios, Universidade de Vigo e outros colectivos veciñais, sociais e económicos do municipio.

O goberno local necesita atopar un aliado que lle permita alcanzar a maioría suficiente para poder aprobar o orzamento. 

Os contactos xa están en marcha e por agora o portavoz do PSOE, Agustín Fernández, foi o primeiro en pedir claridade ao BNG mostrándose disposto a falar de proxectos políticos.