O Consello Regulador cualifica como "moi boa" a anada 2020 de Rías Baixas

O Salnés
29 de xuño 2021

97 marcas de viño pertencentes a 51 adegas estiveron presentes nunha mostra organizada polo Consello Regulador para dar a coñecer a Añada

Presentación da Añada 2020 en Madrid
Presentación da Añada 2020 en Madrid / Consello Regulador da D.O. Rías Baixas

A Añada 2020 da Denominación de Orixe. Rías Baixas foi cualificada polo Pleno do seu Consello Regulador como "Moi Boa", segundo anunciou este martes o seu presidente, Juan Gil de Araujo, durante o tradicional xantar de traballo celebrado en Madrid cos medios de comunicación.

Dita cualificación foi acordada na sesión do Pleno do pasado 18 de xuño. A decisión tomouse en base a un detallado informe técnico, elaborado polo Órgano de Control e Certificación, que incluía, entre outros, os datos relativos ao ciclo vexetativo, a colleita e a vendima 2020, así como aos resultado comparados da análise sensorial e fisicoquímico de 609 mostras pertencentes a 129 adegas, cun volume de 14.971.559 litros, o que representa o 63,60% do total do viño da colleita.

Neste sentido, o informe presentado alude ás calidades dos viños enumeradas polo panel de expertos do Consello Regulador, os cales destacan "a franqueza e complexidade" da Añada 2020, valorando moi positivamente "o seu marcado carácter varietal e a súa equilibrada acidez".

Cabe dicir que, ata o 31 de maio, o volume de viño verificado polo panel de cata do Consello Regulador incrementouse un 35,97 % con respecto ao mesmo período do pasado ano. Todo iso a pesar das limitacións e restricións impostas por razón da alerta sanitaria provocada pola Covid-19.